Wellness

ESPACIO WELLNESS

Para o coidado corporal, para eliminar toxinas ou para o merecido hedonismo, os hóspedes dispoñen dunha sauna húmida, ademais de sala de masaxe. Ademais conta cunha ampla variedade de tratamentos terapéuticos e de beleza, aplicados por especialistas cualificados. É o único hotel con spa en pleno centro histórico de Santiago de Compostela.

 

O jacuzzi é ideal para destensar os músculos e a mente mergullándose nun baño relaxante. A sauna húmida completa xunto coa ducha de contrastes a zona de augas do SPA do hotel Vía AectaL. No Spa tamén poderá gozar do servizo de cafetería sen saír do seu relax e degustar unha ampla carta de cócteles, tés e cafés.

 

O noso servizo Wellness, non está incluído no prezo da habitación, é de uso privado e se reserva por hora, só vostede e o seu/s acompañantes gozarán deste espazo durante o tempo que o teñan reservado.

 

Esta zona consta de baño turco ou baño de vapor, jacuzzi e ducha de contrastes no que poderán gozar cun cóctel de benvida, o seu custo é de 55€ para dúas persoas, 37 € para unha persoa e 25€ por persoa extra ata un máximo de 3 persoas extras (ten de aforamento 5 persoas).

MASAXES E TRATAMENTOS

AETCAL ZEN MASAJE 47 €-1 hora

Masaxe suave e relaxante. Con longos e lentos pases e leve incidencia no tecido muscular. Combate a tensión, a ansiedade e a fatiga, conseguindo unha profunda relaxación de corpo e mente ao liberar as tensións físicas, mentais e emocionais, xerando un alto grao de benestar.

AETCAL STAR MASAJE  50 € -1 hora

O máis versátil dos nosos servizos. Masaxe integral que traballa todas as partes do corpo a unha presión media. A medio camiño entre a masaxe curativa e a relaxante.

AETCAL DETOX MASAJE 50 €-1 hora

Combinación de técnicas drenantes e desintoxicantes a fin de lograr unha mellora estética e un efecto de rexuvenecemento corporal. Axuda a eliminar o exceso de graxa localizada e a celulites en pernas, coxas, cadeiras, glúteos e abdome, así como noutras zonas do corpo.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies