Visitar Santiago de Compostela é unha experiencia inesquecible, e que probablemente repetirás. Cunha poboación aproximada de 97.000 persoas, esta cidade conta con unha completa oferta turística, gastronómica, histórica, arquitectónica e cultural, sendo esceario perfecto para a celebración de congresos e eventos de grande envergadura, mais tamén para unha reunión entre amigos ou unha andaina ao aire libre polos distintos parques da cidade.
Acompáñanos neste percorrido pola cidade? Propoñémosche algún lugares próximos ao noso hotel, e de necesaria visita durante a túa estancia en Compostela
Chegar ao Mercado de Abastos desde o noso Hotel Vía Aetcal non te levará máis de 3 minutos camiñando. Esta plaza foi construída no 1941, e actualmente é o segundo lugar máis visitado da cidade, só por detrás da Catedral. É un dos centros neurálxicos de Santiago cada mañá e ofrece a mellor materia prima gastronómica. A súa arquitectura en forma de bóveda convírteo nun edificio fácilmente recoñecible, e a súa oferta vai máis alá do culinario, pois a súa distribución en diferentes naves e locais permite a celebración de concertos en formato reducido e eventos a menor escala. No seu exterior tamén atoparás pequenos comercios relacionados coa artesanía ou as artes gráficas.
Coñecida por ser a rúa pola que o Camiño de Santiago entra á cidade histórica, esta rúa converteuse nun dos puntos culturais e gastronómicos de referencia en Compostela.Ubicada no Barrio de San Pedro, esta zona soubo integrar o tradicional e o urbano nun entorno no que, tan pronto podes desfrutar dos típicos Cantos de Taberna como de estudos creativos ou librarías especializadas en diversos xéneros literarios.Os seus locais destacan pola súa innovación no mundo da cociña, e a súa oferta de vangarda. Aínda que tamén hai oco para un tradicional churrasco.
Ubicada na Plaza do Obradoiro, é quizais o monumento máis coñecido de todo Santiago. O que non se coñece tanto é que a súa construcción levou séculos, comezando no ano 1075 baixo o reinado de Alfonso VI e rematando no 1211 co escultor e arquitecto Mestre Mateo. A día de hoxe, a Catedral aúna recolle unha mestura de estilos arquitectónicos como son o Románico do Pórtico da Gloria, ou o Barroco, na Fachada de Praterías. Un das personaxes máis destacados entorno á Catedral é o Apóstol Santiago, un dos doce discípulos de Jesucristo. A tradición relata como o seu corpo foi trasladado por mar ata terras galegas, e fora enterrado enterrado nun bosque, one hoxe está a Catedral.
Preto da Catedral, este Pazo destaca por varias razóns. A principal é que este edificio foi a primeira sede da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a principios do século XVI. Na pequena plaza que contén no seu interior pódese observar o escudo coas cinco estrelas dos Fonseca, familia do arzobispo Alonso de Fonseca que da nome a este edificio que el mesmo mandou construír. Na actualidade, este Pazo é a Biblioteca Xeral da Universidade e conta con servizos de hemeroteca. Ademais, na súa entrada conta con dous pequenos salón sonde periódicamente teñen lugar exposicións e acción culturais.
A Rúa Nova é unha das rúas que mellor conserva o seu aspecto hoxe en día, a pesar de ser considerada como unha das máis vellas da cidade. A etimoloxía do seu nome remóntase a súa orixe no século XII, onde naceo como Vicus Novus, xa que na rúa orixinal só existía unha rúa paralela que é a Rúa do Vilar. Durante a túa visita poderás comprobar que esta rúa adaptouse ás necesidades culturais dos seus veciños e visitantes, e conta cun Salón de Teatro onde se proxectaron as primeiras películas que chegaron a Santiago e cun Teatro Principal.
Santiago é unha cidade de contrastes, por iso durante a túa andaina poderás gozar tanto de zonas urbanas como de zonas de desconexión e natureza. É o caso dos tres pulmóns verdes da cidade: o parque de San Domingos de Bonaval, parque ao que se accede por un pasadizo entre o Centro Galego de Arte Contemporáneo e o Museo do Pobo Galego; o parque de Belvís, ubicado xunto ao Seminario Menor e desde o que poderás gozar dunhas vistas singulares de toda a cidade se accedes á súa parte máis alta; e o parque da Alameda: ubicado en pleno centro da cidade e no que atoparás a tres visitantes moi especiais: as Marías, unha parella de irmás coñecidas por saír a pasear tódolos días vestidas e maquilladas dun xeito extravagante ás 14:00 horas na época tardofranquista, e ao escritor Valle Inclán.